O Ráncing Vilalbés presentou a Alberto López como novo adestrador do primeiro equipo
O Rácing Club Vilalbés xa ten novo adestrador. O club presentou na tarde deste mércores a Alberto López como novo técnico do equipo para substituír a Simón Lamas, que o dirixiu durante 6 tempadas.
Na presentación o novo adestrador estivo acompañado do presidente do club, Juan José Vázquez Carreira, e do director deportivo, Pablo Vivero.
Alberto López terá como meta volver a levar ao equipo á Segunda RFEF, da que caeu este ano despois dunha tempada histórica. O técnico vén do Viveiro, onde estivo dúas campañas, despois de dirixar outros equipos como 0 Lemos, o Arzúa, a Sarriana, As Pontes e o Castro.
No último ano, o técnico logrou co Viveiro a permanencia tras unha segunda volta magnífica.
Tamén se deu a coñecer a renovación do primeiro capitán, Diego López, así como as baixas de Torrado, Quico e Nathaniel.