O rap de TIAM GZ chega este sábado á casa museo de Manuel María
O grupo de rap TIAM Gz subirá ao escenario da Casa-Museo Manuel María este sábado, día 20 de maio, ás 20 horas, en que interpretará o seu último traballo, [De]construción.
Os chantadinos Iago Suárez Iagueiro, Álex Varela Alessov, Brais Vázquez Torozas e Matías Zelarayán Mr. Mati son os membros desta banda de hip-hop en galego, que naceu en 2018, e na que a súa música, combativa, transmiste as súas ideas persoais, incluíndo temática político-social.
[De]construción foi o último traballo do grupo (publicado en xullo de 2021), un álbum de cancións que mistura todo tipo de xéneros, desde hip-hop até sons acústicos, pasando por trap, pop ou unha reversión da tradicional Muiñeira de Chantada. O álbum conta con catro colaboracións: Julia Vázquez (Sandungueirada), Nerea (Males Endémicos), Amorodo (A Danza da Revolución) e Ezetaerre (Ferreiras dun Mundo Mellor).
Cómpre reservar (billete 5 euros) para asistir ao concerto en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621