Xa está lista a programación cultural de Burela para este mes

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A concellería de Cultura de Burela presentou a súa programación para este mes de setembro que inclúe diversas actividades infantís e a celebración do último rastrillo popular solidario que terá lugar este ano e que se celebrará o día 15.
caldo(c)
5 sep 2019

A concellería de Cultura de Burela presentou a súa programación para este mes de setembro que inclúe diversas actividades infantís e a celebración do último rastrillo popular solidario que terá lugar este ano e que se celebrará o día 15.

Este venres, día 6, ás 19:00 horas inaugurarase unha exposición de pintura de Carmen Prado, titulada 'Novos Personaxes'. A mostra permanecerá no auditorio municipal ata o día 27 de setembro.

O domingo 15 celebrarase o último rastrillo popular solidario deste ano. Terá lugar na praza da Mariña de 10:00 a 15:00 horas. As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse chamando á Casa da Xuventude ou ao número 608 158 170.

O sábado 21 o contacontos Caxoto presentará 'Conto para escoitar mentras bailamos un valse'. Será ás 18:00 horas no auditorio municipal e inclúese na campaña Ler conta moito.

O domingo 22 haberá sesión de cine infantil. Dará comezo ás 18:00 horas no auditorio municipal.

O sábado 28 desenvolverase un obradoiro de cartón con Mircromina Teatro de Títeres. Comezará ás 11:30 horas. As prazas son limitadas e as persoas interesadas en asistir poden anotarse na Biblioteca. Tamén o sábado 28 o Mago Richar presentará Tecnoiguais. Será a partir das 18:00 horas. Versa arredor da igualdade e da violencia de xénero e inclúese na campaña Ler conta moito.

                   

0.20662593841553