O RC Vilalbés celebra o luns 15 o Baile do Entroido

O Rácing Club Vilalbés organiza un baile infantil de Entroido, que terá lugar no salón do Restaurante Montero o luns 16 de febreiro. A actividade desenvolverase entre as 17.00 e as 20.00 horas e está pensada para que os máis pequenos poidan gozar dunha tarde de festa, música e animación nun ambiente familiar.
O baile contará coa participación de Puzzle Animación, que se encargará de dinamizar a xornada con xogos, bailes e propostas lúdicas adaptadas ao público infantil. Ademais, durante a tarde realizarase un sorteo de agasallos entre as nenas e nenos asistentes, engadindo un atractivo máis á celebración.
Esta iniciativa forma parte do programa de Entroido promovido polo club vilalbés e conta coa colaboración de numerosos establecementos e empresas da vila, que apoian unha actividade pensada para fomentar a convivencia, o lecer e a participación da cativada nas celebracións tradicionais.