O RC Vilalbés organiza o primeiro Baile do Entroido e a Festa do Cocido

TerraChaXa
Será os días 2 e 3 de marzo unha carpa situada no Estadio Roca
cocido-e-entroido-vilalbes
12 Feb 2025

O Rácing Club Vilalbés organiza a primeira edición da Festa do Cocido e Baile de Entroido 2025, que terá lugar na carpa instalada no Estadio Roca os días 2 e 3 de marzo. O evento contará cunha ampla programación que inclúe sesión vermú, xantar e diversas actividades para todas as idades.

O sábado 2 de marzo, a partir das 14:15 horas, comezará a sesión vermú, seguida do xantar ás 15:00 horas. O menú principal será cocido, pero haberá opcións alternativas como paella e costela asada para aqueles que o soliciten previamente. O prezo do xantar será de 33 euros para socios e 38 euros para non socios, mentres que os nenos de 0 a 6 anos poderán asistir de balde e os de 6 a 12 anos abonarán 14 euros. As prazas son limitadas e os tíckets poderán adquirirse entre as 12:00 e as 14:00 horas no Estadio Roca ou polas tardes no Campo da Magdalena.

O domingo 3 de marzo a festa continuará cun baile de Entroido infantil de 17:00 a 20:00 horas, con música, sorteos e colchóns para o desfrute dos máis pequenos. Pola noite, a partir das 22:30 horas, celebrarase o baile de Entroido para adultos, que contará cun DJ, sorteos e concursos.

O evento conta coa colaboración do Concello de Vilalba e diversas empresas patrocinadoras. Esta primeira edición busca converterse nunha referencia festiva na comarca, combinando gastronomía tradicional e celebracións de Entroido para todos os públicos.

0.17005300521851