O RC Vilalbés retoma este mes o seu campus de verán

TerraChaXa
O Rácing Club Vilalbés celebrará este verán a sexta edición do seu campus, que terá lugar entre o 27 de xuño ao 1 de xullo no estadio Roca.
campus vilalbes portada
29 Maio 2022

O Rácing Club Vilalbés celebrará este verán a sexta edición do seu campus, que terá lugar entre o 27 de xuño ao 1 de xullo no estadio Roca da localidade. Este ano, o campus estará dirixido pequenos nados entre o 2008 e o 2018 e novamente estará apadrinado por Roberto Trashorras.

O prazo para anotarse a este campus, que xa está totalmente consolidado, xa está aberto e rematará o 5 de xuño. Posteriormente abrirase unha segunda quenda, entre o 6 e o 19 de xuño. Esta pode facerse nas oficinas do club ou a través das redes sociais.

O prezo de participación no campus será de 100 euros para xogadores do club e de 120 para para foráneos.

As prazas son limitadas polo que se recomenda a inscrición o antes posible. Do mesmo xeito, aquelas persoas interesadas en obter máis información poden facelo a través dos teléfonos de Freire (661 049 270) e Make (671 165 950).

0.1301600933075