O Reguengo estará de festa este sábado
A localidade do Reguengo, en Cabreiros, Xermade, celebrará este sábado 30 de marzo as festas na honra a San Xosé.
Estas darán comezo ás 13.30 horas coa sesión vermú a cargo do dúo Venus, que tamén se ocupará da verbena xunto á orquestra Satélites. Esta dará comezo cedo, ás 19.30 horas.
Ao mediodía haberá unha comida popular con xamón cocido, polbo, costela asada con patacas, sobremesa, café e chupito por 30 euros para os adultos e 15 para nenos de entre 7 e 11 anos.
Os que desexen participar poden facelo poñéndose en contacto coa comisión nos teléfonos 676 842 874. Tamén se venden os tickets no bar Boucello.
Durante a verbena farase o sorteo dunha moto Peugeto Tweet 125.
O domingo haberá tamén unha misa solemne seguida de procesión ás 13.30 horas. Esta estará amenizada olo grupo Axóuxere.