O Reguengo prepárase para celebrar as festas na honra a San Xosé

O Reguengo, na parroquia de Cabreiros, acollerá o vindeiro 22 de marzo de 2025 as tradicionais festas na honra a San Xosé.
As celebracións comezarán ás 13:00 horas coa misa na capela e a posterior procesión, que contará coa participación do Grupo Algueriada da Acea. A continuación, dará comezo a sesión vermú, amenizada polo Grupo Unión y Fuerza, garantindo ambiente e diversión.
Trala música, os asistentes poderán gozar dunha comida popular con un completo menú composto por empanada, xamón cocido, churrasco mixto con criollo e patacas, pan, sobremesa, bebida e café, servido por Catering Rochela. O prezo da comida será de 25 euros, mentres que os nenos de ata 6 anos comerán gratis, e os de 7 a 11 anos pagarán 12,50 euros. Como extra gastronómico, ofrecerase unha degustación gratuíta de paella, elaborada polo cociñeiro Yari.
A partir das 19:30 horas, dará comezo a esperada verbena, de novo coa actuación do Grupo Unión y Fuerza, que porá o broche de ouro á celebración con música e baile ata altas horas da noite.
A festa conta coa colaboración do Concello de Xermade e diversos establecementos locais, que fan posible a organización dun evento que cada ano reúne a veciños e visitantes nun ambiente festivo e de convivencia.
As persoas interesadas en asistir á comida poden adquirir os seus tíckets contactando coa comisión de festas no teléfono 676 842 874.