O Reis Magos percorrerán Benquerencia en bus sen paradas

TerraChaXa | AMariñaXa
4 Xan 2021

Os Reis Magos visitarán mañá, día 5, a zona de Benquerencia, nunha cabalgata diferente organizada polo CIR de Benquerencia.

A cabalgata partirá ás 7.30 horas da tarde e percorrerá en autobús todo o traxecto sen contacto co exterior e coas medidas covid-19 de transporte público.

Os Reis Magos non pararán nin repartirán caramelos ou agasallos durante o percorrido polo que os pequenos poderán saudalos dende as fiestras e balcóns.

A cabalgata sairá do Canteiro e seguirá pola estrada da praia Fontela, Bar A Ribeira, Bar A Barrica, Tapería O Castro, estrada Rías Altas, A Pena, Armilo, Abadía, A Picota, Rías Altas, Casa Mornelo, Agolada, Cortiñas, Subiglesia, Cortiñas, Abilleira, Casa Ferreiro, Cruce de Aida, Miro Pan e o Canteiro.

0.099370002746582