O Resurrection Fest online será esta fin de semana

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Resurrection Fest online será esta fin de semana, 28 e 29 de agosto, xa que se viron na obriga de pospoñer o festival.
escolasdeportivas
25 Ago 2020

O Resurrection Fest online será esta fin de semana, 28 e 29 de agosto, xa que se viron na obriga de pospoñer o festival.

Durante todo este tempo seguiron coa venda a Black Box especial cunha camiseta para coleccionistas, un vaso conmemorativo e unha pulseira de festival. Os fondos recadados coas vendas deste pack irán destinados á Cruz Vermella Española de Lugo e á Federación Española de Bancos de Alimentos- FESBAL.

Dentro da campaña #elResuEGresiste, Estrela Galicia poñerá distintos packs á venda combinando a mellor cervexa coa Black Box na Barra do Resu.

Por último, lembrar que dentro da programación deste streaming haberá un documental especial de longa duración que percorrerá toda a historia do festival xunto aos seus protagonistas. Concertos inéditos que só se publicarán unha vez como como a despedida de Slayer o pasado verán, Gojira, The Offspring, Rancid, Mastodon, etc. e un resumo das mellores actuacións de todos estes anos. Vídeo saúdos e entrevistas de artistas, un programa especial realizado por Jon Sistiaga e Joe Pérez- Orive, só para o Resurrection Fest Estrela Galicia Online, a estrea oficial da canción do Resurrection Fest, by Crisix e sorteos e actividades.

Este streaming será gratuíto e poderase ver en todas as redes sociais.

0.06141209602356