O Resurrection saca á venda as últimas entradas o 4 de xaneiro

TerraChaXa | AMariñaXa
O vindeiro luns 4 de xaneiro ás 11:00 da mañá a organización do Resurrection Fest sacará á venda os últimos 1.
29 Dec 2020

O vindeiro luns 4 de xaneiro ás 11:00 da mañá a organización do Resurrection Fest sacará á venda os últimos 1.600 abonos desde 155 euros máis gastos, o mesmo prezo que a última quenda de abonos posta á venda no seu día, sendo uns poucos deles abonos Pandemonium (VIP).

Só se poñerán á venda na páxina web oficial do festival así que recoméndase que non se utilicen outras páxinas ao poder tratarse de revenda.

A última vez as entradas vendéronse en poucos minutos, así que é previsible que a venda se remate tamén en poucos minutos.

0.10651206970215