O Ría de Foz participou no Medio Maratón de Pontevdra

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
20 Out 2020

O domingo 18 de outubro, tres atletas do Ría de Foz participaron, con notable éxito, no Medio Maratón de Pontevedra.

Así, os atletas Manuel Eiras, Marcos Loureiro e Saúl Díez participaron nesta proba, a primeira media maratón organizada en Galicia desde a aparición da pandemia da covid-19 e onde só podían participar 250 corredores. Os tres atletas foron a representación máis ampla dos clubs mariñáns.

Desde o Ría de Foz queren felicitar aos organizadores da proba polas estritas medidas de seguridade e por todas as horas de traballo para que os atletas desfrutasen da mesma.

Ademais, o Club tamén quixo levar ata as rúas de Pontevedra a loita que os traballadores e traballadoras de Alcoa manteñen viva na Mariña.

0.14910292625427