O Ribadeo Indiano sorteará unha viaxe a Cuba para dúas persoas o vindeiro 14 de xullo
O Ribadeo Indiano sorteará unha viaxe a Cuba para dúas persoas o vindeiro 14 de xullo. Un total de 131 establecementos se adheriron a esta campaña que organizan Acisa xunto ao Concello coa colaboración de Estrella Galicia e Banco Sabadell.
Desde a directiva de Acisa cren que "pode ser un sorteo moi beneficioso para o conxunto dos establecementos da vila e moi atractivo tanto para veciños coma visitantes. Queremos que sexa unha desas campañas nas que non é o comerciante ou hostaleiro quenten que ofrecer a rifa, senon que sexa o cliente o que a pida e que pida moitas".
O custe de adhesión a este sorteo é de 25 euros, dos que os asociados pagan só 10 euros e os outros 15 son asumidos pola asociación, por seren membros da mesma. Os non socios de Acisa pagan 25 euros.
O sorteo desta viaxe a Cuba para 2 persoas realizarase de xeito presencial o 14 de xullo á tarde noite ao remate dunha actuación musical que haberá en Ribadeo, respondendo as múltiples peticións recibidas de estender a programación do Ribadeo Indiano na vila ata o domingo á noite.
As rifas estarán dispoñibles para entregar aos clientes entre o 4 e o 14 de xullo.
A parella afortunada coa viaxe estará en Cuba do 13 ao 20 de setembro, 3 días pasarán na Habana aloxados nun hotel de catro estrelas e 4 en Varadero nun hotel de 5 estrelas.
A viaxe mércase en Eroski Viaxes, de Ribadeo, "un establecemento da localidade, que ademaisé socio de Acisa, algo importante porque estarán moi pendentes dos viaxeiros afortunados e de que esta experiencia resulta inesquecible para eles".
Con esta campaña desde a organización pensan que"podemos encher a vila de xente o domingo á tardiña. Sen afestado comercio desbordamos sendo inverno, isto pode ser espectacular. Estamos convencidos que este sorteo vai ser un reclamo tanto para os clientes veciños da vila coma para os visitantes e por iso quixemos amplialo aos establecementos que non son socios. Oxalá teñamos que comprar unha urna especial para meter as rifas o día do sorteo. Iso quererá dicir que foi un auténtico éxito".