Riotorto celebra dúas festas con motivo do Entroido
O Riotorto C.F. organiza o tradicional Entroido 2019 que será o luns día 4 de marzo a partires das 22.00 horas no pavillón do colexio de Riotorto. Contarán coa actuación do dúo musical Merengue para amenizar a festa. Tamén contan cunha discoteca móvil para continuar coa festa.
Haberá premios para os mellores disfraces, así na categoría de grupos e charangas o premio será de 400 euros, para parellas será de 150 euros e o individual levará 50 euros.
Aquelas persoas ou grupos que queiran participar no desfile deberán inscribirse e estar no pavillón antes da media noite. O xurado valorará a orixinalidade e a simpatía dos participantes.
Ademais, o martes, entre las 17.30 e as 20.00 horas haberá tamén baile infantil de Entroido na Casa da Cultura para todos os pequenos do Concello con entrada gratuíta.
A festa completarase con inchables e animación.