O RV Vilalbés presente este venres as contas ante os seus socios

TerraChaXa
O Rácing Vilalbés convocou aos seus socios á asamblea xeral oridnaria do club que terá lugar este venres, 9 de outubro, no salón de actos do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba.
8 Out 2020

O Rácing Vilalbés convocou aos seus socios á asamblea xeral oridnaria do club que terá lugar este venres, 9 de outubro, no salón de actos do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba.

Os socios están citados ás 20.00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda.

Durante a reunión farase os balances deportivo e económica da tempada pasada, e presentarase o orzamento para a tempada actual. Non faltará tamén o punto adicado á covid-19 e ás medidas que se están a tomar no club.

0.18913388252258