O sábado 6 de xullo chega unha nova edición do Festival Celta máis pequeno do mundo

TerraChaXa | AMariñaXa
4 Xul 2019

O próximo sábado 6 de xullo chega unha nova edición do Festival Celta máis pequeno do mundo na Casa do Fidalgo, no lugar do Machuco, parroquia de Bogo, concello da Pontenova.
Os visitante poderán desfrutar desta festa popular na que cada un dos asistentes é o protagonista.
A primeira edición do festival foi unha foliada na que participaron músicos da cornisa cantábrica e na que se expuxo unha mostra fotográfica de Vicente Ansola. O Festival celta máis pequeno do mundo reuniu nas últimas edicións a un centenar de persoas, xente do audiovisual, clientes da casa de turismo rural.
O festival tomou outra perspectiva coa organización da mostra de Bogometraxes, organizada polo director e produtor Pepe Jordana. As proxeccións serán ao aire libre, a partir das once da noite.

0.168123960495