O sábado inaugúrase a escultura de Manuel María na casa da cultura de Vilalba
O próximo sábado inaugurarase en Vilalba a escultura en pedra de Manuel María realizada por José Gómez de Bernardo.
O Iescha, Instituto de Estudos Chairegos doará ao pobo esta talla en granito a tamaño real que se situará á entrada da casa da cultura de Vilalba mirando casa a esta e de costas á rúa dos Pepes.
Así, o 4 de setembro será un acto conmemorativo de inauguración da obra escultórica de Gómez de Bernardo. Intervirán na mesma Elba Veleiro, Marisa Barreiro, Alberte Ansede, Felipe Senén, Saleta Roi e o artista canteiro.
Tamén actuarán Buxos Verdes e Cris Román, que porán o toque musical á xornada.
Dende o Iescha tamén esperan que nun futuro a casa da cultura leve o nome de Manuel María pois “Manuel cantoulle a Vilalba e á Chaira enteira e tivo a deferencia de escoller esta vila para tomar asento como académico da RAG. O Pobo de Vilalba está en débeda con el”.