O San Cristóbal regresa esta fin de semana a Riotorto coa bendición dos coches

TerraChaXa | AMariñaXa
A festa arrancará o venres cunha cea popular e unha verbena con Gran Parada
fiestas-riotorto
3 Jul 2025

Os días 4 e 5 de xullo, Riotorto celebrará as festas na honra a San Cristóbal cunha programación festiva para todos os públicos.

O venres 4 de xullo, a partir das 22:00 horas, terá lugar unha cea popular servida por Catering Rodil. A continuación, celebrarase unha verbena amenizada pola orquestra Gran Parada. As entradas para a cea poden reservarse no teléfono 649 125 226 ou adquirirse nos bares de Riotorto e na gasolineira.

O sábado 5 de xullo, ás 12:30 horas, celebrarase unha misa, procesión e a tradicional bendición de vehículos. A continuación, terá lugar a sesión vermú co grupo Fénix. Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena protagonizada novamente polo grupo Fénix e coa actuación do solista José Manuel de Abanico.

A Comisión de Festas agradece a colaboración dos veciños e casas colaboradoras que fan posible esta celebración.

⚙ Configurar cookies
0.16513395309448