O San Xoán de Guitiriz arranca este xoves catro días de festa
Guitiriz arranca este xoves 23 o seu programa de festas no que volve ás súas orixes tras unha pausa obrigada pola covid. Este ano terán lugar entre o 23 e o 26 de xuño cunha programación que organiza a asociación Ecce Homo en colaboracíon co Concello, a Comunidade de Montes San Xoán de Lagostelle e o colectivo empresarial.
As festas iniciaranse polo tanto o día 23, xoves, coa celebración da I Festa da Xuventude, que xa tiña anunciada a organización para a noite da fogueiras.
Os actos darán comezo cunha sardiñada gratuíta a partir das 21.00 horas para dar inicio á medianoite á festa que se celebra baixo o título Dance Gold Edition, coa mellor música dos 90 e 2000 en macrodiscoteca.
Estarán DJ Frisco & Marcos Peón, DJ Celso Bayo e Hugo Leivas.
O venres 24, día grande da celebración, terá lugar o pasarrúas ás 10.30 horas co grupo Son's de Aldea, grupoi municipal de Gaitas de Guitiriz, grupo da Uned Sénior e Charanga Os Trileros.
Ao mediodía, sobre as 14.45 horas será a sesión vermú co trío Jake deixando para a tarde a festa dos nenos, que terá as 18.00 horas, com momento do inicio.
Esta mesma noite Jake repetirá na verbena xunto á orquestra Costa Dorada.
O sábado continuará a programación con máis pasarrúas a cargo novamente de Son's da Aldea e o Os Trikleros para deixar a sesión vermú ao cargo de Salsarena e a verbena co mesmo grupo máis Arizona.
A programación chegará ao seu final o domingo 26 con máis pasarrúas deixando a sesión vermú ao cargo da banda de música do Concello de Guitiriz. No apartado musical tamén estará o dúo Eclipse para a sesión vermú e para dar inicio á festa norctura ás 20.30 horas.
Finalizará a celebración cun gran fin de festa, de dúas horas e media de duración, co grupo asturiano Beatriz.
Durante os catro días haberá exhibición pirotécnica a cargo de Rocha-Areas.