O Santo, en Árbol, celebra as súas festas durante a fin de semana

O Santo, na parroquia de Árbol, no concello de Vilalba, vivirá unha fin de semana de festa con motivo das celebracións na honra a Santo Estevo, os vindeiros 24 e 25 de maio.
O programa festivo dará comezo o sábado 24, cunha misa solemne ás 13:30 horas, seguida de procesión e pasarrúas, e a tradicional sesión vermú e verbena a cargo das orquestras Los Españoles e New York. A animación correrá tamén a cargo da Asociación Cultural e Deportiva de Árbol - San Lorenzo (Cerna de Árbol).
O domingo día 25, repetirase o esquema: misa solemne, procesión e pasarrúas, e unha nova xornada musical co grupo Los Adrianos, que porá o broche final cunha verbena pensada para todos os públicos.
As actividades celebraranse nun campo cuberto con carpa, garantindo así o bo desenvolvemento da festa en caso de choiva.