O SD Guitiriz celebra o domingo o seu xantar de fin de tempada

TerraChaXa
O SD Guitiriz celebra este domingo a súa festa de final de tempada, que terá lugar no Balneario SP da localidade.
comida-fin-tempada-sd-guitiriz
Cartel do evento
20 Maio 2024

O SD Guitiriz celebra este domingo a súa festa de final de tempada, que terá lugar no Balneario SP da localidade.

A comida dará comezo ás 14.00 horas e constará de dous menús, para adultos e para nenos. No primeiro haberá xamón con tomate, empaanda galega, croquetas caseiras, Panipuri de ensaladilla, mexillóns á vinagreta, solombo de porco e filloa con mascarpone. Para os nenos haberá croquetas, minipizza, milanesa de polo e xeado.

Este xantar terá un prezo de 30 euros para os maiores e de 15 para os nenos. As persoas que desexen participan poden anotarse durante os partidos ou na pastelería Nimbos.

Unha vez rematada a comida haberá sorpresas.

0.19005584716797