A SD Pol abre a inscrición para o próximo curso

Pol
LugoXa | TerraChaXa
A captación de xogadores está aberta para nenos e nenas de toda a comarca de Lugo e a Terra Chá
sd-pol-de-base
sd-pol-de-base
10 Xul 2024

A SD Pol continúa co seu obxectivo de manter a escola deportiva trala posta en marcha do equipo xuvenil e de varios de fútbol 8.

Polo tanto xa está aberto o prazo para inscribirse no club cara a nova tempada, que corresponden a nenos nados entre os anos 2017 e o 2009. A captación de xogadores está aberta para nenos e nenas destas idades de toda a comarca de Lugo e a Terra Chá.

As persoas interesadas poden inscribirse no correo sociedadedeportivapol@gmail.com onde tamén se lles informará das condicións e proxecto que teñen en marcha no club. O Pol dispón agora de novas instalacións coa recente inauguración no centro da localidade dun novo estadio de fútbol de céspede artificial.

0.17243409156799