O SD Pol pide a Federación que sancione ao Estudiantil e o Vista Alegre

Pol
TerraChaXa
O SD Pol ven de solicitar por escrito á Federación Galega de Fútbol que acorde o inicio dos expedientes sancionadores e disciplinarios que correspondan contra a Agrupación Estudiantil de Orazo da Estrada e Vista Alegre de Santiago de Compostela pola ruptura uniteral por parte da Agrupación Estudiantil do acordo que tiña acadado con eles para que a SD Pol se fixese coa praza da Agrupación Estudiantil para ocupar o seu lugar na Terceira División de Fútbol.
87962122_2945473255515351_8928817244050292736_n
11 Xuño 2020

O SD Pol ven de solicitar por escrito á Federación Galega de Fútbol que acorde o inicio dos expedientes sancionadores e disciplinarios que correspondan contra a Agrupación Estudiantil de Orazo da Estrada e Vista Alegre de Santiago de Compostela pola ruptura uniteral por parte da Agrupación Estudiantil do acordo que tiña acadado con eles para que a SD Pol se fixese coa praza da Agrupación Estudiantil para ocupar o seu lugar na Terceira División de Fútbol.

O vicepresidente da SD Pol, Lino Rodríguez Ónega, e alcalde do Concello de Pol denunciou estes feitos "ilicitos ou cando menos merecedores de reproche institucional". O acordo verbal coa Agrupación Estudantil de Orazo comezou en marzo cando iniciaron contactos entre as dúas directivas para acadar un acordo polo cal se asinase un convenio, polo que a SD Pol puidese ocupar o lugar que lle correspondería á Agrupación Estudantil na Terceira División Autonómica, tendo en conta que non estaban interesados en participar na devandita categoría.

Este acordo verbal, que "aparentemente iba en bo camiño", conlevaría trasladar o domicilio social da Agrupación Estudantil ao Concello de Pol, constituíndose ademais unha nova directiva, quedando única e exclusivamente pendente a firma.

Según Rodríguez Ónega, "como requisito esixido polo presidente da Agrupación Estudantil fíxose entrega de 5.000 euros e confiando na boa fe da Xunta Directiva non se lle esixiu documento algún pola entrega".

O acordo, que se ía facer efectivo na primeira semana de xuño, rompeuse de forma unilateral pola Agrupación Estudantil, o que motivou unha reunión de urxencia solicitada pola SD Pol, e na que se manifestou que "os motivos eran exclusivamente económicos e que tiñan ata o día seguinte para "igualar as condicións do novo acordo" e que tamén "yo ofertaran ao Vista Alegre de Santiago de Compostela", di Rodríguez Ónega.

Por todo isto o vicepresidente da SD Pol solicita que " se inicien os expedientes sancionadores e disciplinarios que correspondan incluído se procede a prohibición de cambio de domicilio social e filiación da Agrupación Estudantil a favor de Vista Alegre, e a ocupación do posto na Terceira División Autonómica"

"Tanto o Concello como a Sociedade Deportiva Pol deu orde aos seus servizos xurídicos, de iniciar de modo inminente as accións que legalmente procedan, contra as entidades implicadas, e no seu caso contra as persoas que acadaron o acordo verbal, en orde a reclamar o efectivo cumprimento ante o Tribunal de Xustiza", remata dicindo o alcalde de Pol.

0.14812397956848