O SDC San Xoán de Guitiriz celebra unha churrascada este sábado

TerraChaXa
A Asociación Deportiva e Cultural San Xoán de Guitiriz celebra este sábado, 27 de agosto, a terceira churras cada de inicio da tempada.
churrrascada san xoan guitiriz portada
churrrascada san xoan guitiriz portada
26 Ago 2022

A Asociación Deportiva e Cultural San Xoán de Guitiriz celebra este sábado, 27 de agosto, a terceira churras cada de inicio da tempada, que terá lugar no aparcadoiro ao lado da praza.

A xornada abrirase cunha sesión vermú ao cargo de Raúl Armada e, ás 17.00 horas terá lugar un campionato de tute, no que a inscrición ten un custe de 20 puntos por parella.

Pola noite será a churrascada, que estará amenizada tamén pola música de Raúl Armada. Churrasco, liscos, chourizo e pan son a base da comida, na que non estarán inclúidas as bebidas.

Ademais, pola tarde haberá inchables gratuítos para os pequenos.

churrrascada san xoan guitiriz
0.091104030609131