O secretario de Estado analiza nas Pontes o proceso de implementación da Axenda Urbana

TerraChaXa
O secretario de Estado analiza co alcalde nas Pontes o proceso de implementación da Axenda Urbana 2030 no municipio.
estatisticas covid
6 Apr 2022

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso reuniuse esta mañá, co secretario de estado de Axenda Urbana e Vivenda do Ministerio de Transportes, David Lucas, e o delegado do goberno en Galicia, José Miñones, para abordar os traballos realizados polo Concello das Pontes para a implementación da Axenda Urbana 2030 no municipio.

González Formoso, ao fin do encontro, destacou a importancia de ser unha das 121 entidades locais a nivel do estado e unha das sete localidades galegas, elixidas polo Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana para a elaboración de proxectos piloto de Plans de Acción Local da Axenda Urbana Española.

"É unha clara aposta polas Pontes que queremos agradecer ao Ministerio, hoxe representado polo Secretario de Estado de Axenda Urbana, e que nos permitirá revisar e actualizar os retos do municipio, configurando un modelo de desenvolvemento urbano ambiental, social e economicamente sostible, para participar no futuro da xestión do parque de vivendas, no urbanismo sostible, na economía circular e en definitiva en todos aqueles proxectos que teñen que ver coa calidade de vida da nosa veciñanza. Estamos ante un reto importante e esperamos contar co apoio da cidadanía para acadalo" indicou o rexedor local.

Pola súa banda, o secretario de Estado de Axenda Urbana e Vivenda, David Lucas, incidiu na calidade do proxecto co que o Concello das Pontes se presentou ao programa de axudas para a elaboración de proxectos piloto de Plans de Acción Local de Axenda Urbana Española, deseñado no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

"Intentamos elegir los mejores proyectos, aquellos que estaban rozando la excelencia. Elegimos 121 proyectos para todo el país y esto dice mucho de la propuesta presentada desde As Pontes. Se optó por As Pontes por su trayectoria, porque tiene soluciones para los problemas actuales a los que se enfrentan las entidades locales y además porque tiene perspectiva de futuro. Soluciones que no son sólo buenas para As Pontes si no que van a ser un ejemplo en él que se van a fijar muchísimos ayuntamientos en Galicia y en España. Desde el Ministerio estamos esperando la conformación del proyecto para poder emularlo y extrapolarlo a otros municipios españoles"

Nese sentido, José Miñones, delegado do Goberno en Galicia apuntou que "o que se busca co deseño da Axenda 2030 é un modelo de boas prácticas para que os concellos, e neste caso concreto, para que os concellos galegos, a través desta primeira experiencia poidan darlle continuidade a estes proxectos pilotos en cada un dos seus territorios. Xa nos consta que hai municipios que están traballando nesta liña, marcando os seus obxectivos de xestión, a 10 anos vista, en relación ao medio ambiente, a mobilidade ou a eficiencia enerxética"

Axenda Urbana Española

A Axenda Urbana Española ( AUE) é un documento estratéxico, sen carácter normativo, e por tanto de adhesión voluntaria, que, de conformidade cos criterios establecidos pola Axenda 2030, a nova Axenda Urbana das Nacións Unidas e a Axenda Urbana para a Unión Europea persegue o logro da sustentabilidade nas políticas de desenvolvemento urbano.

Constitúe, ademais, un método de traballo e un proceso para todos os actores, públicos e privados, que interveñen nas cidades e que buscan un desenvolvemento equitativo, xusto e sostible desde os seus distintos campos de actuación.

Esta estratexia de desenvolvemento urbano de carácter integrado articúlase arredor dun Decálogo de Obxectivos Estratéxicos que despregan, á súa vez, un total de 30 obxectivos específicos, e 291 liñas de actuación, poñendo ao dispor de quen estea interesado na súa implementación, un verdadeiro “menú á carta” para que poidan elaborar os seus propios Plans de acción.

Todo iso desde unha ampla visión que inclúe a todos os pobos e cidades con independencia do seu tamaño e poboación, e baixo o triplo prisma da sustentabilidade económica, social e medio ambiental.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17543697357178