O segundo cocido de Amuruxe celebrarase o 15 de febreiro na Casa da Luz de Bretoña

TerraChaXa
O encontro dará comezo ás 14.00 horas e contará cun ambiente festivo no que non faltará a animación musical de Cantos da Terra
Feira-do-cocido
8 Feb 2026

A asociación Amuruxe de Pastoriza xa ten data para unha das citas gastronómicas máis agardadas do inverno. O 15 de febreiro celebrarase o segundo cocido de Amuruxe na Casa da Luz de Bretoña, unha xornada pensada para compartir mesa, tradición e boa música arredor dun dos pratos máis emblemáticos da cociña galega.

O encontro dará comezo ás 14.00 horas e contará cun ambiente festivo no que non faltará a animación musical de Cantos da Terra, convidando ás persoas asistentes a “encher o bandullo” e gozar dunha xornada de convivencia. A organización anima á veciñanza e ao público en xeral a participar nesta celebración, que se consolida como unha cita destacada no calendario local.

Desde Amuruxe lembran que é preciso reservar praza con antelación, contactando coa directiva antes do 7 de febreiro.

⚙ Configurar cookies
0.072266101837158