O Sepe permite consultar o estado de cada Erte na súa web
Os máis de 450.000 Ertes presentados en todo o Estado e os tres millóns de afectados, xa poden saber se xa está tramitado o Erte e canto van cobrar.
Así, o fixo público o CSIF, o sindicato de funcionarios, di que no Servizo Público de Emprego están desbordados e que hai traballadadores afectados por un Erte que non van cobrar ata maio. Cabe recordar que os traballadores non teñen que facer ningún trámite, é a empresa quen os fai.
Para facer a consulta teñen que acceder á paxina web do SEPE https://www.sepe.es/HomeSepe, xa que as oficinas están pechadas ao público.
Lembran dende o SEPE que a renovación da demanda de emprego non é necesario facela e tampouco teñen que facer os trámites habituais os que reciban a prestación de maiores de 52 anos.