O Sergas anuncia a incorporación de médicos nos centros de saúde de Riotorto e Abadín

Despois das protestas e as recollidas de formas, o Sergas comunicou ao Concello de Riotorto a incorporación dun médico fixo no centro de saúde local. A data de incorporación prevista é o 10 de marzo para atender esta consulta de forma continuada.
Esta nova foi moi ben recibida pola veciñanza que se manifestou e protestou por distintas vías reclamando a cobertura estable e a tempo completo das dúas prazas de medicina familiar do centro saúde.
Nos últimos anos, o centro de saúde de Riotorto pasou de contar dous facultativos en horario completo a contar unicamente coa atención, a tempo parcial, entre dúas e catro horas ao día, dun único facultativo.
O BNG considera que “manter a mobilización social é fundamental para frear os recortes de persoal no centro de saúde como consecuencia da política sanitaria do PP, que en Riotorto conta, ademais, co silencio cómplice do goberno municipal”.
Tamén en Abadín comezaron a traballar dous novos médicos no centro de saúde, que o farán de forma continuada en dúas prazas. Desde o Concello indican que "seguimos esixindo máis recursos para garantir unha atención digna e sen demoras".