O Sergas confirma que o médico substituto da residencia de maiores de Castro Ribeiras de Lea comezará nuns días

LugoXa | TerraChaXa
Esta comunicación foi unha contestación á CIG, que denunciou que o centro levaba máis de tres meses sen facultativo propio, "o que incumpre o regulamento"
residencia-maiores-castro-ribeiras-de-lea
12 Feb 2026

O médico substituto da residencia de maiores de Castro Ribeiras de Lea, situada no concello de Castro de Rei, comezará a prestar servizo nos vindeiros días, segundo confirmou a Consellería de Política Social.

Esta comunicación foi unha contestación á CIG, que denunciou que o centro levaba máis de tres meses sen médico propio, "o que incrumpre o regulameno".

O Sergas engadiu que a incorporación producirase tras un período no que o centro estivo sen médico titular debido a que o profesional se atopaba de baixa. Desde a Consellería explican que, unha vez coñecida esta situación, a dirección da residencia iniciou de inmediato a procura dun facultativo substituto para cubrir a vacante.

Desde Política Social subliñan que durante todo este tempo se cumpriu coa normativa vixente e que a asistencia médica aos residentes estivo garantida en todo momento, malia a ausencia do médico titular. A chegada do novo profesional permitirá normalizar plenamente o servizo médico no centro nos próximos días.

⚙ Configurar cookies
0.076265096664429