O Sergas restrinxe a mobilidade e endurece medidas en Viveiro e Xove

TerraChaXa | AMariñaXa
O comité clínico do Sergas, que realiza un seguimento da evolución do covid-19 en Galicia, decidiu endurecer as medidas de control do virus en Viveiro debido ao aumento producido nos últimos quince días.
tdm3
29 Dec 2020

O comité clínico do Sergas, que realiza un seguimento da evolución do covid-19 en Galicia, decidiu endurecer as medidas de control do virus en Viveiro debido ao aumento producido nos últimos quince días. Deste xeito, o Concello viveirense pasa ao nivel máximo de restricións. Isto implica limitacións contundentes para a hostalería, así como para as entradas e saídas do municipio. Así, as terrazas abrirán ao 50% e só ata as 17.00 horas, só poderán consumir xuntos ata catro non conviventes (nos fogares pódense reunir tamén ata catro persoas que non convivan) e limítase a mobilidade.

Todos estes cambios, publicaranse no Diario Oficial de Galicia deste martes e entrarán en vigor ás 00:00 horas do mércores.

Ademais, pola súa conta, Xove pasa, pola mesma razón ao medio-alto de restricións e tamén ve limitada a súa mobilidade. Ademais a hostalería terá limitación horaria, ata as 17.00 horas, co 30% do aforo no interior e 50% no exterior. Poderán reunirse como máximo 4 persoas non convivintes.

Pola contra, na provincia, Lugo entra na estado de normalidade xa que o comité clínico da Consellería de Sanidade  decidiu levantar o peche perimetral ao municipio, que conseguiu rebaixar a incidencia acumulada a 14 días por baixo do centenar de casos por cada cen mil habitantes.

A Xunta suaviza as medidas restritivas na capital lucense, que pasa ao nivel básico de restricións, polo que se suprimen as limitacións á mobilidade. Ademais, a hostalería poderá abrir ao 50% en interiores e ao 75% nas terrazas ata as 23 horas.

NADAL

Durante a xornada de hoxe, o comité clínico dará a coñecer tamén as novas medidas dirixidas a conter a infección durante as celebracións de fin de ano.

0.19340109825134