O servizo Concilia de Guitiriz volverá o 22 de febreiro
TerraChaXa
Ante a alta incidencia do virus no municipio, o Concello de Guitiriz decidiu non retomar os servizos de conciliación ata o 22 de febreiro.
17 Feb 2021
Ante a alta incidencia do virus no municipio chairego, o Concello de Guitiriz decidiu non retomar os servizos de conciliación ata que se restableza a actividade escolar e de comedor no seu horario completo.
Polo tanto, Madrugador e Concilia Tardes reanudaranse o vindeiro luns, 22 de febreiro.