O Servizo de Atención Temperá de Xermade, Vilalba e Guitiriz recibe unha subvención

TerraChaXa
O Servizo de Atención Temperá da agrupación de concellos Vilalba, Guitiriz e Xermade resultou beneficiaria dunha subvención.
nenos atencion tempera xogar
7 Feb 2023

O Servizo de Atención Temperá da agrupación de concellos Vilalba, Guitiriz e Xermade resultou beneficiaria dunha subvención por importe total de 322.440,00 euros para o período comprendido entre o 1 de novembro de 2022 e o 31 de outubro de 2024 e un total de 17.989,00 horas solicitadas.

O representante da agrupación para este período é o Concello de Xermade, quen se encargou de solicitar as axudas e licitar o servizo. A Xunta de Goberno Local adxudicou, na sesión extraordinaria celebrada o 18 de xaneiro de 2023, a Coescu SLU (única licitadora) o servizo de febreiro a outubro de 2023, con posibilidade de prorrogar un ano máis o contrato. A empresa comprometeuse a manter durante toda a vixencia do contrato un equipo multidisciplinar formado por tres profesionais (logopeda, terapeuta ocupacional e psicólogo/a) a xornada completa.

O servizo tivo que licitarse por segunda vez ao quedar deserta a licitación anterior, ao esixirse un equipo de 6 profesionais, sen que ningunha das licitadoras fora quen de acreditar dispoñer do mesmo.

Por ese motivo, o servizo estase prestando dende o 1 de novembro de 2022 mediante un contrato menor de servizos, que chegará ao seu fin unha vez que se formalice o contrato derivado da segunda licitación.

0.18493914604187