O servizo de Madrugadores en Vilalba comezará o xoves

TerraChaXa
O Concello de Vilalba informa do comezo do servizo de madrugadores este xoves, 8 de setembro, primeiro día do curso escolar.
servizo madrugadores vilalba
7 sep 2022

O Concello de Vilalba informa do comezo do servizo de madrugadores este xoves, 8 de setembro, primeiro día do curso escolar. O servizo diríxese ao alumnado de educación Infantil e Primaria dos centros de ensino públicos.

Ademais, aínda quedan prazas dispoñibles, polo que a matrícula continuará aberta. O servizo de madrugadores realízase no CEIP Antonio Insua Bermúdez, no CEIP Manuel Mato Vizoso e na Escola de Educación Infantil de Vilalba. En total, ofértanse 60 prazas, repartidas en grupos de 20 nenos e nenas en cada centro educativo.

Con este servizo, xestionado polo Concello de Vilalba dende o pasado curso, preténdese facilitar a conciliación laboral, persoal e familiar, contribuíndo á vez á educación do alumnado inscrito. A actividade comeza ás 07:30 horas e remata á hora de entrada nos distintos centros educativos.

As familias interesadas poden inscribir aos seus nenos e nenas como usuarios/as fixos do servizo, escollendo entre 1 día e 5 á semana. O custe do servizo de luns a venres é de 40 euros ao mes, mentres que os días soltos terán un prezo de 6 euros diarios.

Doutra banda, aquelas familias que precisen o servizo de forma puntual (usuarios/as ocasionais) poderán empregalo con previo aviso á organización.

0.15158891677856