O seteiro pontés Miguel Alvariño reclama a súa praza nos xulgados

TerraChaXa
O seteiro pontés do club Sílex Miguel Alvariño e a Federación Española de Tiro con Arco (RFETA) dirimirán no xulgado a praza olímpica que acadou o deportista e que o ente federativo revocoulle.
83212016_2477316522374323_8314533592399085568_n
9 Xuño 2020

O seteiro pontés do club Sílex Miguel Alvariño e a Federación Española de Tiro con Arco (RFETA) dirimirán no xulgado a praza olímpica que acadou o deportista e que o ente federativo revocoulle.

O avogado de Alvariño intentou "tender a man á Federación para buscar unha solución extraxudicial” pero que non quedou máis remedio que acudir ao xulgado.

Xa presentaron a demanda civil o 25 de maio con caracter urxente e foi admitida no xulgado de primeira instancia número 12 de Madrid, e a vista para estudiar as medidas cautelares será o 12 de xuño.

Na vista están citados como testemuñas o seleccionador nacional, Elías Cuesta; a directora técnica da Federación, Almudena Gallardo; o primeiro adestrador de Miguel Alvariño, Manuel Buitrón; e o seu actual preparador, Xaquín Mira.

O deportista pide que se respecte o proceso de selección que se estableceu e a súa designación como deportista para os Xogos.

O deportista pide que se respecte o proceso de selección que se estableceu e a súa designación como deportista para os Xogos.

0.19274210929871