O Show de Barallocas chega á Pastoriza da man da anpa do CEIP O Salvador

TerraChaXa
A anpa do CEIP O Salvador da Pastoriza prepara para este xove un espectáculo para todos os públicos da man de Trécola Produccións.
barallocas anpa o salvador trecola portada
barallocas anpa o salvador trecola portada
15 Feb 2023

A anpa do CEIP O Salvador da Pastoriza prepara para este xoves, 16 de febreiro, un espectáculo para todos os públicos da man de Trécola Produccións na casa da cultura. Será en horario lectivo con motivo da celebración do Entroido cunha duración duns 50 minutos.

Esta obra, O Show de Barallocas, trata sobre un ser despistado e apaixoado que en cada obxecto, sombra ou en si mesmo atopa un xogo.

Unha sorte de sketchs de humor absurdo, que mesturando unha coidada manipulación de obxectos, máscaras e pantomima, trasládanos dende a selva a un gran ballet ruso nun pestanexo.

barallocas anpa o salvador trecola
0.10723900794983