O "sistema solar" do Asador O Cabuxo vence no XV Concurso de Tapas de Muimenta

TerraChaXa
O Asador O Cabuxo proclamábase vencedor do XV Concurso de Tapas de Muimenta que se celebraba en catro establecementos hostaleiros da vila entre o 7 e o 9 de decembro.
Sistema solar
14 Dec 2017

O Asador O Cabuxo proclamábase vencedor do XV Concurso de Tapas de Muimenta que se celebraba en catro establecementos hostaleiros da vila entre o 7 e o 9 de decembro.
A tapa gañadora, "O sistema solar", recibía 162 votos fronte aos 159 do Bar Alvariño, os 86 do Bar Plaza e os 65 do restaurante Anllo que xunto aos 7 nulos suman as 479 rutas completas.
Tamén foi o Asador O Cabuxo o que obtivo maior puntuación por parte do xurado profesional que lle outorgaba 7,58 puntos de media. Os tres restantes alcanzaban unha media de 6,67. Así, tendo en conta que as bases determinan que o voto do público predomina sobre o do xurado profesional en caso de empate do gañador en ambas categorías; o Asador O Cabuxo álzase co premio do público. O do xurado profesional ao contar cun triple empate na segunda praza determínase tamén tendo en conta o segundo máis votado polo público, é dicir, o Bar Alvariño coa “carrilleira de boi á salsa de noces”. De feito, esta última foi a máis consumida, con total de 610 racións despachadas nos tres días do concurso durante o que se servían 2.322.
Entre o público participante que co seu voto optaba a tres vales de 75 euros cada un deles a gastar nos negocios dos socios da Asociación de Empresarios de Muimenta, patrocinados por Cafés Bou, nun máximo de 30 días dende a súa entrega; resultaron vencedores: Rubén Freire Seijo, Isabel Regueiro Andión e José Luis Fernández Suárez.
A entrega de premios e vales terá lugar o vindeiro martes 19 de decembro, ás oito e media do serán no local social que a Asociación de Empresarios de Muimenta ten na Casa da Cultura.

0.1885039806366