O SLG alerta de importantes demoras na tramitación da dependencia e a discapacidade

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O SLG inta a Benestar a actuar fronte as demoras na tramitación dos servizos de dependencia e discapacidade
maiores unidade preventiva afalu
28 Ago 2022

O Sindicato Labrego Galego (SLG-CCLL) vén de dirixirse ao Consello Galego de Benestar a través da vogal do SLG-CCLL neste órgano, Margarida Prieto Ledo, para alertar do enquistamento de importantes retrasos nas citas para as valoracións de discapacidades no Centro Base de Valoración de Lugo, "tendo sido detectada a ausencia de tramitación en solicitudes de cualificación de grao -novas e de revisión- presentadas dende o mes de agosto do 2021".

"Esta situación está a crear importantes prexuizos ás familias e persoas con diversidade funcional que precisan urxentemente da activación do apoio nos coidados aos que teñen dereito a tenor da normativa desenvolvida en materia de dependencia", indican.

Alertan de que esto xenera tamén dificultades de carácter administrativo e de xestión cotiá, vinculadas a esta demora. "É o caso daquelas persoas que tiveron que facer a declaración de renda sen saber se teñen dereito ás deducións por grao de discapacidade e que, no caso de acadala, veríanse obrigadas a facer unha declaración da renda rectificativa ou complementaria, retrasando en moitos meses a percepción da devolución correspondente, que tería que estar solicitada na declaración de IRPF que rematou o pasado 30 de xuño".

No caso das deducións por discapacidade de ascendentes a cargo con discapacidade ou cónxugue podíase ter percibido mensualmente, polo que pode haber o caso de persoas que teñan sen cobrar como mínimo 1.100 euros.

"Canda estas demoras de máis dun ano nas valoracións, a Administración tamén está a tardar máis de 12 meses en realizar as valoracións do grao de dependencia. Esta situación ten como principal prexuízo para as persoas afectadas o feito de carecer dos apoios asistenciais requeridos para poder desenvolver o seu día a día con dignidade, nin que decir ten o que significa para os solicitantes e as súas familias o verse privados de servizos a apoio e atención a dependencia, servizos básicos e fundamentais para o coidado destas persoas”, apostilla Margarida Prieto na súa solicitude.

0.18678903579712