O SLG celebra en Vilalba un curso de elaboración de queixos
TerraChaXa
O SLG mantén aberta a inscrición para unha nova convocatoria do Curso de Elaboración de Queixos e outros Produtos Lácteos.
5 Xul 2022
O Sindicato Labrego Galego mantén aberta a inscrición para unha nova convocatoria do Curso de Elaboración de Queixos e outros Produtos Lácteos, impartido polo mestre e afinador queixeiro José Luís Martín.
Desta volta a formación terá lugar en Vilalba, na Escola Habanera de Santaballa, os días 18 ao 22 de xullo, en horario de mañá (10h. a 14h.) ou tarde (16h. a 20h.).
Poden acceder a esta formación persoas laboralmente activas: empregadas, autónomas e demandantes de emprego. Excluído o persoal das administracións públicas.