O SLG celebra hoxe en Vilalba o 50 aniversario do colectivo
O Hostal Restaurante Terra Chá en Vilalba acolle hoxe o acto e xantar de celebración do 50 aniversario do Sindicato Labrego Galego (1973-2023) da comarca vilalbesa.
Participarán no acto o primeiro secretario xeral do Sindicato Labrego Bernaldo Fernández Requeijo, nado na parroquia de Romariz, Abadín, e a actual secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane. Tamén asistirán Xabier Santiso (Puchi), Xosé Ramón Céndan, Brais Alvarez e Margarida Prieto, coordinadora comarcal.
O acto celebráse co lemas 50 anos xunt@s, loitando por un MedioRuralVivo; 50 anos na defensa dunha Galiza labrega e 50 anos construíndo o futuro.
O acto dará comezo as 12:30 horas e a continuación será o xantar. O acto será aberto á toda a cidadanía pero no xantar só poderán participar os que tiveran feita a reserva.