O SLG convoca unha asemblea informativa sobre o parque eólico de Vilamafronser

Este luns, 21 de xullo, o Sindicato Labrego Galego e a asociación ecoloxista Adega organizan unha asemblea informativa na Casa da Cultura da Pastoriza, a partir das 17:00 horas, co obxectivo de dar a coñecer os detalles do proxecto eólico denominado Vilamafronser.
No transcurso do acto tamén se proxectará o documental Vidas irrenovables, que recolle testemuños e analiza os impactos sociais, ambientais e patrimoniais derivados deste tipo de instalacións.
Esta convocatoria busca fomentar a reflexión e a participación veciñal arredor dun modelo enerxético que esperta preocupacións crecentes no ámbito rural galego.