O SLG falará nunha asemblea en Loentia sobre o impacto de Surexport
TerraChaXa | LugoXa
O Sindicato Labrego Galego convocou no local social de Loentia, en Castro de Rei, unha asemblea para falar sobre a agroindustria Surexport.
26 Aug 2022
O Sindicato Labrego Galego convocou no local social de Loentia, en Castro de Rei, unha asemblea para falar sobre Os impactos da agroindustria Surexport nos montes comunais.
Será a propia secretaria xeral do SLG-CCLL, Isabel Vilalba a que participe neste evento, que terá lugar este sábado, 27 de agosto, ás 16.30 horas.
"Como vimos alertando dende o ano pasado, a corporación andaluza Surexport está a acaparar terras na Galiza, onde quere instalar o seu modelo de explotación laboral e espolio natural", indican.