O SLG manifestarase este mércores en Vilalba en defensa do sector vacún de carne

TerraChaXa
Mañá, mércores 15 de setembro, ás 12:30h, está convocada unha concentración reivindicativa na praza da Constitución de Vilalba.
manifestacion vilalba vacun de carne portada
14 Sep 2022

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) continúa a campaña Polo Futuro do Sector Vacún de Carne. Na defensa das nosas comarcas, lanzada o pasado 31 de agosto en Xinzo de Limia, en apoio ao sector vacún de carne, que se desenvolverá en varias comarcas galegas.

Mañá, mércores 15 de setembro, ás 12:30h, está convocada unha concentración reivindicativa na praza da Constitución de Vilalba (diante do Concello), acompañada da entrega ás formacións políticas presentes no Concello desta cabeceira de comarca dunha batería de medidas a activar de xeito inmediato para abordar a crise na que a alza de custos de produción, os baixos prezos ás produtoras/es e, de xeito destacado, a falta de asunción de responsabilidades por parte das distintas administracións, teñen sumidas ás granxas de vacún de carne do noso país.

manifestacion vilalba vacun de carne
0.18303680419922