O SLG proxecta en Vilalba o documental 'A ameaza do cobre'

TerraChaXa
A Casa de Cultura de Vilalba acollerá o xoves 7 de xuño, a partir das 20:30 horas, a proxección do documental de Xosé Bocixa A ameaza do cobre, que narra as consecuencias desastrosas de varias décadas de explotación mineira en Touro e os temores da veciñanza diante dun novo proxecto de extracción de cobre que pretende levar a cabo na zona a multinacional Atalaya Mining.
A ameaza do cobre en Vilalba_portada
6 Jun 2018

A Casa de Cultura de Vilalba acollerá o xoves 7 de xuño, a partir das 20:30 horas, a proxección do documental de Xosé Bocixa A ameaza do cobre, que narra as consecuencias desastrosas de varias décadas de explotación mineira en Touro e os temores da veciñanza diante dun novo proxecto de extracción de cobre que pretende levar a cabo na zona a multinacional Atalaya Mining.

A proxección está organizada polo Sindicato Labrego Galego, Contraminacción e a Plataforma Mina Touro O Pino Non. Tras proxectarse o documental, haberá unha charla explicativa de Margarida Prieto Ledo, coordinadora do SLG na Terra Chá e da loita contra a minaría destrutiva nesta organización agraria e, posteriormente, un coloquio no que poderá participar o público asistente.

O documental foi producido por Nós Televisión e Tingalaranga e está a ser proxectado por toda Galiza para dar a coñecer as consecuencias catastróficas para o medio ambiente e a poboación que a sufre da minaría destrutiva a ceo aberto.

Ademais, aproveitarase esta proxección con coloquio para convocar á sociedade vilalbesa a apoiar a manifestación que haberá, este domingo 10 de xuño, en Santiago de Compostela, para expresar o rexeitamento social ao proxecto mineiro de Touro e O Pino.

A ameaza do cobre en Vilalba
0.16735291481018