Os socialistas de Abadín reclaman o arranxo das varandas da área recreativa da Roxica
TerraChaXa
O Partido Socialista de Abadín criticou o estado no que se atopan as varandas de protección na área recreativa da Roxica en Gontán.
12 Dec 2021
O Partido Socialista de Abadín criticou o estado no que se atopan as varandas de protección na área recreativa da Roxica en Gontán.
Segundo explican os concelleiros da oposición, fai exactamente un ano fixeron a misma demanda e o alcalde comprometérase a arranxalo "pero todo segue igual ou aínda peor", afirman.
Polo tanto, dende este grupo esixen ao goberno local que se proceda ao arranxo urxente dos elementos de protección que garantice a seguridade dos seus usuarios.