O sorteo da Once deixou en Begonte 18 boletos premiados

TerraChaXa
O sorteo da Once deixou en Begonte 18 boletos premiados no bar Ponte Miraz, onde se despacharon 13 dos 18 boletos do Cuponazo do venres 26 de xullo, que repartiu un total de 450.
31 Xul 2019

O sorteo da Once deixou en Begonte 18 boletos premiados no bar Ponte Miraz, onde se despacharon 13 dos 18 boletos do Cuponazo do venres 26 de xullo, que repartiu un total de 450.000 euros co número 76214.

Once foron os gañadores que ademais son clientes habituais e repartironse 325.000 euros do total premiado. Todos os gañadores leváronse un único cupón, cada un deles premiado con 25.000 euros. Este veciños pertencen as parroquias de Gaibor, Virís, Trobo, Begonte, Cerdeiras, e Pígara.

A propietaria deste bar xa lle tocaran 20.000 euros no 2015 co Sueldazo e agora 25.000 con este cupón da Once.

O vendedor da Once que recolleu os sete boletos sen vender no bar, tan so devolveu dous, xa que puido vender cinco máis premiados con 125.000 euros, e tamén a clientes habituais da zona.

0.13041710853577