O sorteo de El Niño tamén deixou premios en Rábade, Lugo e Cervo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O sorteo de Reis tamén trouxo algo de sorte para os veciños da provincia, deixando premios en Lugo, Rábade e Cervo.
6 Xan 2023

O sorteo de Reis tamén trouxo algo de sorte para os veciños da provincia, deixando premios en Lugo, Rábade e Cervo.

Un total de 2,5 millóns repartíronse dende a administración da Ronda da Muralla, que vendeu 100 décimos do terceiro premio, o 18.918, polo que cada un dos agraciados recibirá 25.000 euros.

Unha parte importante deses cartos repartíronse en Rábade, en total 85 décimos, 2,12 millóns de euros que se repartiron dende o bar Avenida.

Tamén se venderon na provincia outros dos décimos do segundo premio, o 72.289. Un deles foi no Bar Centro da capital luguesa e o outro no restaurante O Almacén de Cervo.

0.17508292198181