O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, e o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, revisan a seguridade no municipio

TerraChaXa
Abalde salienta que 'As Pontes é un exemplo de convivencia', cunha criminalidade por debaixo da media estatal e con reforzo recente da Garda Civil con dous axentes máis
AS PONTES reunion delegado goberno
4 Nov 2025

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, realizou unha visita institucional ao Concello das Pontes, onde foi recibido polo alcalde, Valentín González Formoso. No encontro abordáronse cuestións de interese para o municipio e as liñas de traballo a curto e medio prazo, nun clima de colaboración entre administracións.

Durante a xornada celebrouse unha xuntanza técnica coa participación de representantes da Policía Local e da Garda Civil para analizar o estado da seguridade cidadá. Segundo os datos máis recentes, Galicia mantense como a terceira comunidade máis segura do Estado e As Pontes presenta uns indicadores mellores ca media nacional.

No repaso ás actuacións, lembrouse a reunión mantida o pasado ano entre o alcalde e a directora xeral da Garda Civil, Mercedes González Fernández, na que se solicitou o reforzo do cuartel. Esa petición materializouse recentemente co incremento do cadro en dous axentes, reforzando a presenza do corpo no termo municipal.

Abalde puxo en valor a coordinación entre forzas de seguridade e Concello e subliñou que 'As Pontes é un exemplo de convivencia e seguridade, con índices moi superiores á media estatal', agradecendo o traballo conxunto para garantir o benestar da veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.078727960586548