O supermercado Gadis de Ramón Canosa arranxará o seu aparcadoiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas que a empresa que ostenta a titularidade do Supermercado Gadis Hiper, na avenida Ramón Canosa, ten presentado ante Portos de Galicia a solicitude de autorización para a execución das obras necesarias para a reparación íntegra do seu aparcadoiro, estando á espera do outorgamento de dita autorización para proceder á súa inmediata execución.
23 Ago 2020

O goberno municipal valora positivamente esta noticia e entende que deste xeito se dá cumprimento aos escritos que o Concello de Viveiro remitiu nos últimos meses tanto a Portos de Galicia como ao grupo empresarial referido, nos que se daba conta da situación na que se atopa este espazo (con gran cantidade de fochancas que, ademais dunha cuestión estética, supoñen un risco para vehículos e viandantes), requirindo o seu arranxo íntegro ao tratarse dun espazo céntrico, moi concorrido, no que hai gran afluencia de clientes e que debe atoparse en boas condicións.

"Grazas as xestións realizadas e tras a execución das obras previstas, este espazo disporá dun mellor acceso para os veciños e veciñas", din dende o Concello.

0.14082598686218