O Supremo avala a decisión do Concello da Pastoriza contra os plans de explotación mineira

TerraChaXa
O Supremo emitiu o seu fallo contra Erimsa e dando a razón ao Concello da Pastoriza que non apoiu a concesión de explotación da mina Alicia.
erimsa mina pastoriza riotorto cuarzo
3 Oct 2022

O Tribunal Supremo emitiu o seu fallo contra Erimsa e dando a razón ao Concello da Pastoriza que non apoiu a concesión de explotación da mina Alicia.

Deste modo e tras varios procesos e recursos, o Concello da Pastoriza sae victorioso da súa pelexa con Explotación de Rocas Industriais e Minerais (Erimsa).

Esta sentenza dá a razón á desestimación do recurso de apelación da empresa contra o fallo do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no que se validaba a decisión do Concello da Pastoriza de suspender unha tramitación relativa á concesión da explotación.

A empresa presentou en abril de 2017 unha comunicación previa no Concello de inicio de actividade, pero este, cun decreto de alcaldía, declarou que a declaración de impacto ambiental, de 2005, estaba caducada e non se incluía un informe de Medio Rural, preceptivo por ser chan de especial protección agropecuaria, polo que desestimou a instancia.

A empresa presentou varios recursos aos que o Concello rexeitou á espera do fallo xudicial, o que motivou un novo recurso ata chegar ao Supremo, que agora valida a decisión do Concello.

O alcalde, Primitivo Iglesias, recoñeceu que "o Concello como garante da legalidade e defendendo o dereito a un medio ambiente adecuado non aceptou a Declaración de Impacto Ambiental presentada pola empresa por entender que non era válida e non acreditaba que non se poderían producir danos irreparables no noso medioambiente. Ata o de agora tanto os xulgados de Lugo coma o Tribunal Superior de Galicia deunos a razón frente a empresa. Agora temos un novo fallo favorable os intereses municipais desta vez polo Tribunal Supremo que desestima de novo os plantexamentos da empresa en favor do defendido sempre polo Concello da Pastoriza".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17377305030823