O TDM feminino consegue o ascenso a Primeira Nacional
Xornada redonda a desta fin de semana para o TDM Vilalba. En segunda nacional feminina, o equipo proclamouse campión de Liga e consegue así o ascenso a Primeira Nacional feminina. Por outra banda, o equipo de Terceira imponse por 4-3 ao Afer Formación de Rabade.
O equipo de Segunda Nacional feminina, o Sanjurjo Moda, xogaba a súa última xornada de liga na concentración que tivo lugar en Zas. O primeiro partido da xornada enfrentábaos ao segundo clasificado, o Monteporreiro de Pontevedra, ao que vencía por un apertado 3-2 o que xa lle daba o título e permitíalle xa perder os outros dous partidos ao ter o coeficiente particular a favor. Neste partido, as xogadoras vilalbesas saíron mui presionadas polo que se xogaban pero aos poucos fóronse facendo co partido. Empezou perdendo Ari con Mariña o primeiro xogo, logo Alba impúxose a Laura o que deu paso ao dobre onde Alba e Ari perderon os dous primeiros xogos, pero logo dun tempo morto e de analizar a situación remontan e impóñense por 3-2 o que as poñía por diante.
Pero o próximo partido perdíao Alba ante Mariña o que poñía táboas no marcador e quedaba todo para o último partido, onde Ari impúxose por 3-0 ante Laura o que destapou a euforia nas xogadoras do Sanjurjo Moda, que gañaban así a Liga.
O seguinte partido enfrontábaas ao club local O Zas Soneira, e debido á relajación e euforia puxéronllo fácil ás locais que se impoñían por 3-1, no ultimo partido xa contra Báñaa puxéronse as pilas e impuxéronse por 3-1.
Pechan así unha tempada magnifica, na cal soamente perderon un encontro de todos os disputados. Así o ano que vén o TDM Vilalba Sanjurjo Moda xogará en Primeira Nacional feminina.
No encontro de Terceira Nacional, o equipo Basanta Souto enfrontábase ao Afer Formación de Rábade, sendo tamén un partido moi disputado onde Pablo, Hugo e Javier Trastoy impuxéronse por 4-3, esta vez si souberon pechar o partido e facerse cos dous puntos, logo de tres horas de xogo.
A próxima xornada xogasen en Vilalba. O Basanta Souto de Segunda Galega enfrontarase ao club do Mar ás cinco no Mato Vizoso e o Basanta Souto A de Terceira Nacional loitará contra o CTM Coruña.